Querida Biblioteca

Aproveitando a conmemoración do Día da Biblioteca, a Biblioteca de Galicia quere poñer en valor outros materiais custodiados nas súas coleccións. As bibliotecas non só deben conservar e dar acceso aos libros e os xornais que conteñen o acervo cultural dun pobo.

Tamén merecen ser preservados outros formatos que achegan información máis aló da lectura. Un deles son as tarxetas postais, hoxe cada vez menos utilizadas, pero que desde finais do século XIX foron o medio por excelencia para transmitir mensaxes máis curtos, informais e afectuosos.

Ademais, os seus anversos, con fotografías ou debuxos, conteñen un gran valor documental. Esta exposición pretende ser un pequeno reflexo das máis de 3.000 tarxetas postais que conserva a Biblioteca de Galicia, unha parte importante delas impresas antes de 1958. As postais mostraranse agrupadas polas 4 provincias galegas e o obxectivo é tratar de empregar un artigo nacido fundamentalmente como recordo precisamente para recordar como eran as nosa vilas e cidades máis importantes.

  • Outras actividades:

• 12.00h: Visita guiada pola biblioteca. Para anotarse á visita guiada deberán facelo a través do teléfono 981 54 44 22, durante os días 21, 22 e 23, de 9 a 14h. Número de prazas: 25

• Durante todo o día: Agasallo de libros

 
Exposicións
 
29 AGOSTO-15 DECEMBRO
De 10 a 20 horas
19 SET - 5 XAN 2020
De 10 a 20 horas
15 NOV 2019 - 12 ABR 2020