Querida Biblioteca

A Biblioteca de Galicia quere poñer en valor outros materiais custodiados nas súas coleccións. As bibliotecas non só deben conservar e dar acceso aos libros e os xornais que conteñen o acervo cultural dun pobo.

Tamén merecen ser preservados outros formatos que achegan información máis aló da lectura. Un deles son as tarxetas postais, hoxe cada vez menos utilizadas, pero que desde finais do século XIX foron o medio por excelencia para transmitir mensaxes máis curtos, informais e afectuosos.

Ademais, os seus anversos, con fotografías ou debuxos, conteñen un gran valor documental. Esta exposición pretende ser un pequeno reflexo das máis de 3.000 tarxetas postais que conserva a Biblioteca de Galicia, unha parte importante delas impresas antes de 1958. As postais mostraranse agrupadas polas 4 provincias galegas e o obxectivo é tratar de empregar un artigo nacido fundamentalmente como recordo precisamente para recordar como eran as nosa vilas e cidades máis importantes.

 
Exposiciones
 
6 Nov 2020 - 30 May 2021
De 9 a 21 h
6 Nov 2020 - 30 May 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
30 Ene - 13 May 2021
De 9 a 21 h
18 Mar - 5 Sep 2021
Abierta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Abierta de lunes a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
8 de marz 2021
Inauguración 11 horas