Pontevedra no tempo | Cidades no tempo

Pontevedra no tempo é a última das mostras que compoñen o proxecto expositivo Cidades no tempo, que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense, a proposta péchase na cidade de Pontevedra acadando o seu obxectivo de poñer en valor a cultura urbana das sete cidades como compoñente chave na construción da identidade galega.

A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación (Obra Social ABANCA), en cuxas sedes se veñen localizando as exposicións de cada cidade.

Nesta última exposición, e a través dun cento de obxectos físicos e 120 pezas dixitais, faise un percorrido pola historia e a evolución de Pontevedra dende diversos ámbitos e perspectivas: a cidade como sistema, a expansión urbana, a cidade produtiva, a estética, o lecer ou as formas de vida no lugar.

A boa vila para unha «vida boa»

Pontevedra no tempo é a única das cidades galegas que se sitúa ao fondo da ría, un lugar no que mar e montaña se entrecruzan na cidade. A exposición  toma como punto de partida o mito fundacional do Teucro e percorre a mutación da urbe, que primeiramente se caracterizou por un espírito portuario cuxo maior esplendor chegou no século XVI para derivar despois nun importante epicentro administrativo. A través dos elementos que compoñen a mostra, mergullámonos na Boa Vila, e o que supuxo para Pontevedra e as súas xentes moverse, ao longo do tempo, entre a dicotomía de mundo urbano e rural.

A fronte do proxecto esta Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Para esta mostra conta co asesoramento, como coordinadora local, da escritora, divulgadora e cronista Milagros Bará Viñas. Colaboran tamén de forma esencial institucións relevantes da cidade como son o Museo de Pontevedra e o Concello, ademais de coleccións privadas e entidades do exterior.

 
Exposicións
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
20 Nov 2026 — 25 Abr 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h