Patrimonio documentado

Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos busca contrubír á visibilidade e coñecemento do patrimonio documental que se custodia nos arquivos. Un patrimonio oculto e pouco coñecido, en contraposición á parte máis visible do patrimonio: o patrimonio monumental.

No entanto, a información que estes documentos nos proporcionan non só é moi valiosa para coñecer o que foi a intervención dos poderes públicos para a salvagarda e protección dos bens culturais durante máis de 150 anos, senón tamén para comprender a formación e a evolución da sensibilidade social cara eles. Preténdese, desta forma, amosar a utilidade práctica, non só estética ou puramente contemplativa, que se deriva da súa conservación, tratamento e difusión.

Forman o núcleo da mostra, que exhibirá unhas 70 pezas, documentos dos fondos da Comisaría de Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional e da Comisión Provincial del Patrimonio Histórico Artístico que se custodian no Arquivo de Galicia. Documentos que se complementan cos procedentes doutros arquivos como: Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Municipal da Coruña, Real Academia Galega, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Archivo Central de la Secretaría de Estado de Cultura, ArchivoGeneral de la Administración, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e Congreso de los Diputados.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h