Tras viaxar durante trece anos por algunas das institucións culturais máis importantes de Alemaña, Francia, Suiza, República Checa, Finlandia, Suecia, Rusia, Dinamarca ou Eslovenia e recibir máis de sete millóns de visitantes, a Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Fundación Cisneros, trae por primeira vez á Península Ibérica a Colección Orinoco, a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica pertencente á Colección Patricia Phelps de Cisneros.
Baixo o título "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido", o Gaiás ofrece unha homenaxe excepcional á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Wakuénai (Curripaco), Baniva, Baré, Puinave, Warekena, Tsase (Píapoco) e Hoti. Composta por unha ampla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a colección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais.
A Colección Orinoco propón unha inmersión no chamado “Mundo Perdido”, un lugar protexido e cálido no corazón da selva amazónica, onde apenas o un por cento da luz solar logra alcanzar o chan ao mediodía pero no que o ser humano atopou hai doce mil anos un acolledor fogar onde atopar todo o necesario para vivir. A mostra é un canto á natureza virxe e ao respecto polo medio natural e un recoñecemento ás culturas tradicionais e a súa supervivencia respectuosa coa contorna.
+ Info: www.orinoco.org

jpg | 1.45 MB | |
jpg | 1.2 MB | |
jpg | 1.11 MB | |
jpg | 936.56 KB | |
jpg | 1015.23 KB | |
jpg | 1.22 MB | |
jpg | 992.02 KB | |
jpg | 93.39 KB | |
jpg | 1.25 MB | |
jpg | 884.69 KB |
- 1 de 2
- seguinte ›