Neste Nadal no Gaiás construiremos un milleiro de soños para que viaxen como barcos polo tempo.
Na Cidade da Cultura agárdavos Soños de Argonautas, unha paisaxe máxica habitada por esferas luminosas e corredores inchables: un lugar onde agroman historias tan repletas de aventuras como as dos lendarios tripulantes do Argos, que sucaron os mares da imaxinación ata os nosos días.
Obradoiros para vivir nas nubes e para engalanar a árbore de Nadal con grilandas ateigadas de desexos. Un espectáculo teatral dentro do primeiro globo estático da historia, un escape room no Museo para poñer a proba o voso enxeño, unha aventura virtual para visitar o Apalpador, e moito máis! Preme en cada imaxe para vir deixar voar a imaxinación neste Nadal no Gaiás.
|
Teatro dentro dun globo aerostático |
|
.





















