Contos ao revés é un contacontos familiar que reinterpreta dous clásicos —Rapunzel e Brancaneves— desde unha mirada igualitaria, rompendo estereotipos de xénero e convidando a rir, pensar e participar.
Mentres as narradoras contan, as familias exploran o espazo, buscan obxectos e axudan a que o conto avance. Cada historia propón unha dinámica diferente: en Rapunzel, teremos que desenvolver o fío da torre e liberar medos e obrigas herdadas; en Brancaneves e as sete miradas, reconstruír o espello para romper mitos sobre a beleza e a perfección.
A actividade desenvólvese nun espazo aberto e transitable, como é o Hall de Tirantes e a instalación inchable «Soños de Argonautas», converténdose nunha pequena aventura sensorial e participativa.
28 feb 2026
Ás 17:30









