H2...OH! | Teatro Ghazafellos | Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia

H2...Oh! é unha peza teatral de Teatro Ghazafelhos que combina ciencia, humor e experimentación nun espectáculo repleto de curiosidades e preguntas sorprendentes. A proposta forma parte da programación do Mes da Ciencia da Biblioteca de Galicia.

Unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias mundialmente coñecidos, Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof, descubrirán ao público informacións tan singulares como que os paxaros foron os inventores dos cascos, por que hai animais que nunca beben auga ou por que o número Pi non remata nunca. Coa inestimable axuda do público, realizarán experimentos científicos que permitirán levar a teoría á práctica. A loucura destes científicos e a extravagancia dos seus experimentos farán que o público viva unha experiencia inesquecible, na que a curiosidade será o motor de cada descubrimento.

Baseada no libro homónimo de María Canosa, gañador do Premio Follas Novas 2021 á mellor publicación de divulgación, H2...Oh! está protagonizada pola propia autora, en calidade de divulgadora científica, xunto con Montse Piñón e Pepablo Patinho.

 

 
En familia