Tripula é unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación.
Dous científicos descubriron un novo xeito de viaxar e neste Nadal no Gaiás presentaranllo a un grupo de pasaxeiros e pasaxeiras! Tras moito traballo e esforzo atrévense por fin a amosar ao público a súa gran revolución dos medios de transporte: o GLOBO ESTÁTICO!
O Globo Estático voa entre os límites da realidade, chegando a lugares que ata agora ninguén sospeitaba sequera que existían. Unha vaxe que promete ser tranquila e poética, malia que poida xurdir algún atranco que obrigará aos pasaxeiros e pasaxeiras a incorporarse a unha tripulación inverosímil.
Un espectáculo dentro dun globo? Si! Da man de Farrés brothers i cía e neste lugar efémero e pouco habitual, o público emprenderá unha viaxe cara ao descoñecido: un xogo, unha experiencia, unha aventura chea de maxia na que, malia non moverse fisicamente, entraremos nunha nova dimensión onde a capacidade de imaxinar ten o poder.

Farrés Brothers i cía
Pep Farrés, Jordi Farrés e Jordi Palet unen esforzos e talento para, desde 2002, contar historias rodeados de trastos, xestos, palabras e monicreques, tocando temas pouco habituais dun xeito orixinal e afastado de ensinanzas e camiños trillados. Máis de 1.500 funcións con personaxes cargados de humor e emoción, na procura dos mundos posibles que se agochan dentro deste mundo imposible.
Ficha artística
- Creación: Pep Farrés, Jordi Farrés, Jordi Palet
- Dirección: Jordi Palet i Puig
- Interpretación: Jordi Farrés, Pep Farrés
- Voz en off: Pere Arquillué
- Escenografía: Jordi Enrich, Alfred Casas, Farrés brothers i cia
- Música: Jordi Riera
- Iluminación: Jordi Llongueras
- Gravación voz en off: Francesc Puig
- Produción: Sylvie Lorente
- Fotografías: Martí Artalejo


