Mes da ilustración na Biblioteca de Galicia

Non só a palabra escrita vai a estar presente nas actividades que conmemoran os dez anos da Biblioteca de Galicia. A linguaxe visual impresa, cada vez máis demandada nas bibliotecas, merece tamén estar nesta programación.

O obxectivo desta actividade é contar con algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes. Nas sesións que se programarán todos os venres do mes de Maio ás 19:00 horas, as ilustradores e ilustradores convidados compartirán cos asistentes as súas habilidades, traballos e experiencias e nas que gozaremos da súa liberdade creativa. 

De novo será o Auditorio Neira Vilas o espazo no que terán lugar estes encontros, que tamén poderán seguirse por streaming na canle de Youtube da Cidade da Cultura.

Xosé Tomás, Laura Romero, Iria Ribadomar, David Pintor, Alberto Guitián e Miguelanxo Prado serán os debuxantes  que protagonizarán estas sesións coa ilustración na celebración do décimo aniversario da BdG, no mes en que se celebra o Día do cómic.

Ilustradores, horarios e lugar: