David Pintor & Alberto Guitián

Este venres 21 de maio terá lugar un novo encontro con ilustradores dentro da programación que está a desenvolver a Biblioteca de Galicia polo seu décimo aniversario.

Nesta ocasión o protagonista será o ilustrador, caricaturista e humorista gráfico David Pintor. As súas tiras cómicas como Pinto&Chinto levan máis de 25 anos imprimíndose nas páxinas de La Voz de Galicia e os seus libros ilustrados están presentes en países como Corea, Portugal, Francia ou Italia.

A través dunha conversa co debuxante Alberto Guitián, David Pintor falará da súa traxectoria no mundo da ilustración e da súa persoal visión da profesión.


David Pintor - A Coruña, 1975 | 4 veces seleccionado na Feira internacional do libro infantil de Bolonia. 6 veces seleccionado para a Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava. 3 veces seleccionado en la lista White Ravens.  Premiado co Grand Prix International na Bienal de cuadernos de viaje Clermont Ferrand 2009, por Ciudades de papel. Premio especial do xurado Andersen 2015 por La piccola grande guerra. Premio especial no Festival Nami Island International Illustration Concours de 2013 e 2015. Premio Gianni Rodari 2017 por el libro Venezia. Premio "Letterattura per Ragazzi 2018" ao mellor álbum ilustrado por Venezia.  Medalla de prata no IWSC (International Wine & Spirit Competition ) no apartado de packaging.

Alberto Guitián - Lugo 1974 | Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Fai ilustración para carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Impartiu máis de 50 talleres e clases magistrais de cómic e ilustración en Galicia e Cataluña. Foi coordinador da Guía Ninja del ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de cómic e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés no 2013), El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012). Premio no Salão do Humor Gráfico de Vila Real, Portugal, e Accésit no Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2003.

 

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
Martes e venres | 11h
Verán 2021
Mércores e sábados | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h