Medidas especiais pola situación sanitaria 2021

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, ante as modificacións das restricións sanitarias anunciadas no Decreto 26/2021 e Orde do 15 de febreiro de 2021, comunica as seguintes medidas, en vigor do 17 de febreiro ao 3 de marzo:

➖  Apertura ao público das instalacións do Museo Centro Gaiás, e da exposición As miradas de Isaac, no horario habitual –de 10 a 20h–, e a un terzo da súa capacidade.

➖ As Torres Hejduk, que neste intre acollen a intervención A distancia da imaxe, están tamén abertas ao público a un terzo da súa capacidade.

➖ O Servizo de Atención ao Público do Gaiás estará activo no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás e tamén a través do teléfono 881 997 584 e do enderezo electrónico o.informacion@cidadedacultura.

➖ Apertura ao público das instalacións da Biblioteca de Galicia, co horario e servizos habituais: visita ás exposicións, información bibliográfica e consulta de documentos custodiados nos depósitos. A capacidade estará limitada a un terzo da habitual, o que na sala de lectura supón que estarán habilitados 36 postos.

➖ Retómanse tamén as actividades presenciais nos distintos espazos do complexo da Cidade da Cultura. Como norma xeral, o número de prazas estará limitado ao trinta por cento da capacidade máxima permitida de cada espazo e a un máximo de ata catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

➖ Os espazos naturais e de lecer da Cidade da Cultura manteranse abertos ata a hora do toque de queda, establecido actualmente nas 22 horas.

Ante posibles modificacións dos servizos do complexo da Cidade da Cultura, pregamos consultar webs e contas de redes sociais non só da Cidade da Cultura, senón tamén das institucións, empresas e colectivos localizados no Gaiás non dependentes da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Lembrando que estas decisións están dirixidas a minimizar o impacto do coronavirus, agradecemos a compresión e a colaboración e convidamos a explorar todos os contidos da Cidade da Cultura dispoñibles en liña.

(*)Estes anuncios poderán verse modificados en función do desenvolvemento das restricións no DOG.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas