Letras Galegas 2021: Xela Arias na Biblioteca de Galicia

Como cada ano a Biblioteca de Galicia pon en marcha unha nova mostra bibliográfica para homenaxear a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Neste 2021 a elixida pola Real Academia Galega foi a poeta Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003).

Poeta, tradutora, editora, mestra, Xela Arias foi unha das voces máis valentes, transgresoras e persoais da literatura galega contemporánea. A exposición, que se poderá visitar no vestíbulo da Biblioteca de Galicia dende o próximo 14 de maio ata finais do mes de agosto, tratará de achegarse a todas as facetas que estiveron presentes na traxectoria persoal e profesional de Xela.

A través de algo máis de 50 documentos, todos eles procedentes das coleccións propias da Biblioteca de Galicia, o visitante poderá achegarse ás primeiras letras de Xeliña, aos seus primeiros poemas publicados en innovadoras revistas que reflectían a modernidade da “movida viguesa”, ou aos seus primeiros traballos de tradución, publicados nuns anos determinados pola necesidade da creación dun espazo  para o libro galego no mercado editorial.

Rebeca Varela é a ilustradora que acompañará cos seus debuxos aos libros, revistas, xornais, e demais material bibliográfico que seleccionaron os técnicos da Biblioteca de Galicia para artellar esta exposición.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h