Exposición das pezas gañadoras do Concurso de deseño e realización de cadeira

Con motivo da exposición Da árbore á cadeira que se está celebrando no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, do 7 de xuño ao 5 de novembro de 2017, lanzouse este concurso como colofón da mostra.

Este concurso dirixiuse aos centros de FP de madeira e a escolas de Arte e Superior de Deseño.

O obxectivo era seleccionar tres cadeiras gañadoras entre todos os deseños presentados, outorgando unha dotación económica para a súa execución e a posterior exhibición nas salas do Museo Centro Gaiás con motivo da exposición.

Esta concurso tivo de prazo para presentar os deseños ata o 20 de setembro, celebrándose ao día seguinte a reunión do xurado para a selección das pezas gañadoras, e finalmente concedendo un periodo para a súas realización nos talleres dos centros.

PREMIO: 3 premios de dotación económica para a producción de 3 cadeiras. Fabricación do prototipo nos centros e exhibición no Museo Centro Gaiás.

1º premio: 1.000 euros (impostos incluídos) -- Cadeira pregada. Nicolás Nieto Cores. EASD Mestre Mateo

2º premio: 800 euros (impostos incluídos) -- Cadeira de terraza que pode amontoarse. Francisco Javier Besteiro Gayoso, Juan Manuel Candal Pajón, Jesús Gayoso Valín, Iván Pérez Vázquez, Diego Regueiro García. Ciclo Medio de Carpintaría e Moble do C.I.F.P. Politécnico de Lugo

3º premio: 600 euros (impostos incluídos) -- DESERTO

 

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h