Que pode aportarlle o mundo da cultura ao da empresa? Publicidade, innovación, imaxe. E o mundo da empresa ao da cultura? Capacidade de xestión, financiamento, estabilidade.
Nun momento especialmente difícil, o fomento da economía creativa –unión dos mundos da empresa, a cultura, as TICs, a innovación, a creatividade e o emprendemento- preséntase como unha das mellores fórmula de éxito.
O Encontro Internacional Economía e Cultura analizará tres posibles vías coas que establecer esta alianza empresa-cultura: financiamento, deseño e innovación:
1. Financiamento
- Crowdfunding | Proxectos como Dona Gustet darán as claves do financiamento colectivo, unha das máis novidosas vías para lograr recursos a través dunha rede de persoas/entidades.
- Mecenado | De total actualidade pola lei que promove o Goberno central para consolidar o modelo das doazóns, a firma Cuatrecasas explicará a situación actual tomando como referencia o caso brasileiro.
- Patrocinio | A Royal Academy os Arts mostra novas formas de patrocinio coas que as empresas reciben beneficios como a cesión de espazos, descontos ou presenza en medios.
2. Deseño
- Imaxe diferenciadora | Deseñadores como Uqui Permui amosarán como a creación dunha imaxe potente favorece a apertura dun produto ou firma a novos públicos e mercados.
- Creatividade | Dende Suecia, a firma Tillt defende a implicación de artistas e creadores no proceso produtivo para lograr produtos máis atraíntes, algo que xa fan firmas como Volvo.
- Orixinalidade | Plan B ensinará como o deseño, combinado con frescura e orixinalidade, contribúe a facer máis atractivo –e polo tanto vendible- un produto.
3. Innovación e busca de novos escenarios
- Coworking | Utopic-Us ou CIB Bilbao son dúas mostras de que o fomento do traballo conxunto de profesionais de diferentes disciplinas é clave á hora de sacar novos proxectos.
- Redes sociais de ideas | A tecnoloxía, unida á empresa e á cultura dá lugar a novas vías de negocio como Ideas4all: web onde compartir ideas, problemas e solucións de todo tipo.
+info | economiaecultura@cidadedacultura.org

83.97 KB | ||
953.62 KB |