Con Descubrindo o Castelao maxistral poñemos en marcha un formato de visita-relatorio na que convidamos a figuras especialistas en Castelao para que nos axuden a afondar na persoa e no personaxe, co gallo da exposición no Museo Centro Gaiás de Castelao maxistral
Os convidados para guiar este relatorio son Miguel Anxo Seixas Seoane, Lourenzo Fernández Prieto e Antón Costa Rico, que fan un percorrido pola exposición Castelao maxistral aportando a súa ollada experta.
Unha vez rematada, ofrecen un pequeno relatorio na Aula Seminario, do Museo Centro Gaiás, sobre as súas liñas de investigación sobre Castelao.
DATAS:
- 10 outubro | Descubrindo o Castelao maxistral con... Miguel Anxo Seixas. Licenciado en Xeografía e Historia, é doutor en Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Actualmente é vicepresidente da Fundación Castelao e coordinador do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega.
- 7 novembro | Descubrindo o Castelao maxistral con... Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde 2005. Dirixe o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia.
- 14 novembro | Descubrindo o Castelo maxistral con... Antón Costa. Catedrático de Historia da Educación pola USC. Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982 cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.
- 21 novembro | Descubrindo o Castelao maxistral con... Carlos Valle. Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Director, dende 1986, do Museo de Pontevedra conta ademais diferentes cargos en sendas institucións adicadas ao patrimonio das que cabe destacar que é membro do Patronato do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e ademais académico numerario da Real Academía Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h
6 Out 2023 - 31 Xan 2024
De 9.00 a 21.00 horas
8 Nov 2023 - 31 Mai 2024
De 9.00 a 21.00 horas
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
A partir de agosto 2024