Descubrindo o Castelao maxistral con... Lourenzo Fernández Prieto

Lourenzo Fernández Prieto é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 2007 e 2010 e director do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC ata o ano 2016.

Ten dirixido diferentes traballos de investigación relacionados coa construción da modernidade en Galicia e o mundo rural e a guerra civil. É membro do consello de redacción de diferentes revistas de investigación histórica e participou en numerosos congresos e coloquios da especialidade. Ademais, dirixe o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia.