Para o venres día 18 temos preparada unha visita moi especial na que o departamento de Exposicións da Cidade da Cultura de Galicia explicará de primeira man como é o proceso de conceptualización, deseño e montaxe dunha exposición temporal, tomando Galicia Universal: A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación e Baldomero Pestana, a verdade entre as mans como exemplo.
As persoas que se inscriban na esta actividade poderán coñecer as entrañas do museo e entender mellor como se crea exposicións tan relevantes como estas dúas que acolle o Museo Centro Gaiás actualmente: dende a primeira idea ata o día no que as obras de arte volven aos seus museos de orixe.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 xan -













