Camiños, Paisaxe e Patrimonio | Día Internacional do Arquivos

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, no ano en que celebramos un novo Ano Santo, no Arquivo de Galicia procúrase abordar un percorrido polas diferentes rutas que desde hai máis de milleiros de anos transitan vellos e novos viaxeiros na súa peregrinación a Santiago a través dos documentos que se custodian no Arquivo de Galicia.

A exposición Camiños, Paisaxe e Patrimonio organízase en 11 vitrinas. Nelas exhíbense documentos que amosan unha variedade de paisaxes e bens mobles, inmobles ou manifestacións inmateriais situados ao longo das grandes vías de comunicación que, dentro do territorio galego, conducen a Santiago.

Son fotografías, planos ou expedientes que foron creados coa finalidade de identificar, protexer e promover a difusión duns bens de recoñecido valor que constitúen unha manifestación de identidade e que, como tales, forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Todos eles custódianse no Arquivo de Galicia. Difundindo os documentos que custodian contribuése a empoderar os arquivos. Feliz Día Internacional dos Arquivos!

  • Ademais, das 9:00 h a 14:00 h, o Arquivo de Galicia festexará unha xornada de portas abertas e visitas guiadas ás súas instalacións do Arquivo de Galicia e á exposición. Inscrición previa, teléfono 881 99 96 63 ou correo electrónico: arquivogalicia.cultura@xunta.es.

 

 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h