Desenfocadas, sen encadre, con pouca luz... Cantas veces lle teremos botado a culpa ao noso móbil pola mala calidade das fotos cando era só cuestión de falta de pericia ou de técnica. Por iso, a Cidade da Cutura botou a andar Clic Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral.
CONSELLOS CLIC XANELA
Comezou a traballar como fotografo en 2003 en La Voz de Galicia, para retornar a prensa diaria na axencia EFE despois de ocuparse da fotografía institucional no executivo galego. Dende 2009 traballa como fotógrafo no diario El País en Galicia, que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal.
Ten recibido distintos premios polas súas coberturas, entre os que destancan o 'Full-Focus' que distingue as mellores fotografias do ano segundo a axencia Reuters e o 'Estaçao Imagem' pola sua cobertura a bordo do buque humanitario 'Aquarius'. Gañador da XXV Edición do Galicia en Foco.