Descubrindo o Castelao maxistral con... Antón Costa

Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).

Na actualidade é profesor de política educativa e da historia da educación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.