Inmersos nun mundo dixital, a competitividade das pemes pasa por identificar e aproveitar as oportunidades que lle ofrecen as TIC pois supón un aforro de custos e outras melloras. O Igape e a Amtega acaban de abrir a 1ª convocatoria para a solicitude de servizos do programa Re-acciona TIC. A través dun ciclo de xornadas poderanse coñecer as vantaxes que se atopan en accións como a xeración de modelos e simulación industrial, a robotización, aplicacións de solucións de mobilidade, marketing dixital e outras aplicacións dixitais.
Programa
19.00 | Presentación institucional
19.15 | O programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes. Axentes colaboradores do programa Re-acciona TIC.
19.45 | Casos de éxito na aplicación da Industria 4.0 e as solucións dixitais. Pemes e grandes empresas.
20.30 | Finalización da xornada




















