Nadal no Gaiás 2025-26

Neste Nadal no Gaiás construiremos un milleiro de soños para que viaxen como barcos polo tempo.

Na Cidade da Cultura agárdavos Soños de Argonautas, unha paisaxe máxica habitada por esferas luminosas e corredores inchables: un lugar onde agroman historias tan repletas de aventuras como as dos lendarios tripulantes do Argos, que sucaron os mares da imaxinación ata os nosos días.

Obradoiros para vivir nas nubes e para engalanar a árbore de Nadal con grilandas ateigadas de desexos. Un espectáculo teatral dentro do primeiro globo estático da historia, un escape room no Museo para poñer a proba o voso enxeño, unha aventura virtual para visitar o Apalpador, e moito máis! Preme en cada imaxe para vir deixar voar a imaxinación neste Nadal no Gaiás.

Instalación do Nadal no Gaiás
«SOÑOS DE ARGONAUTAS»

Teatro dentro dun globo aerostático
«TRIPULA, Farrés brothers i cía»

Obradoiro
A ÁRBORE DOS DESEXOS

Concerto
GRUPO FUA

Obradoiro
VIVIR NAS NUBES

Descubre «Soños de Argonautas»
VISITAS GUIADAS

CONTOS AO REVÉS
Un convite a deixar voar a imaxinación

ESCAPE ROOM NO MUSEO
Castelao e as palabras agochadas

GALIVERSO DE NADAL
Unha visita virtual ao Apalpador

BARULLO DE NADAL
Música na Biblioteca de Galicia

CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS
Gaña un fabuloso agasallo!

ALUMEADO EXTERIOR
Ven pasear polo Gaiás

 

.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas