Xénese e proxecto da Cidade da Cultura

Partindo da visita á exposición permanente das maquetas de todos os proxectos que se presentaron en 1999 ao Concurso Internacional de Arquitectura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia, coñeceremos os principais fitos da historia do complexo. Debullaremos as propostas presentadas por destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais como Ricardo Bofill, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela. Coñeceremos tamén os detalles do proxecto de obra deseñado por Eisenman Architects, escollido pola súa singularidade tanto conceptual como plástica, e a súa excepcional sintonía co lugar.

Continuaremos a visita nos espazos exteriores para gozar, non só da monumentalidade do complexo, senón coñecer tamén os últimos avances nas obras do Gaiás, rematando o percorrido no miradoiro que sobre o Bosque de Galicia nos ofrece unha descoñecida e espectacular panorámica da cidade de Compostela.

 

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas