Visitas didácticas en liña | Os brancos segredos do seu ventre

Tras o éxito das visitas didácticas para os centros escolares emitidas en liña desde o Museo Centro Gaiás por mor das restricións presenciais motivadas pola covid-19, a Cidade da Cultura volve activar este modelo para a recén inaugurada nova mostra: Os brancos segredos do seu ventre 

Trátase dunha modalidade de visita inspirada en modelos dos medios audiovisuais como Twich ou Youtube, a través da cal o alumnado vai coñecer as últimas tendencias da arte contemporánea galega e internacional que forman parte da colección da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (RAC), declarada Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia e unha das máis relevantes de España.

Seguindo o percorrido cromático decidio pola comisaria Bea Espejo, o persoal do Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante  guiará o alumnado polas pezas da exposición e daralles a coñecer outras obras míticas da arte das últimas décadas.

Partindo da singularidade do Museo Gaiás, semellante ao interior dunha balea, a comisaria, Bea Espejo, estableceu un percorrido e diálogo a través da cor entre obras de Moffatt, referente da xeración creativa dos Young British Artists dos 80-90; coa de Baldessari e a súa retranca conceptual; Tacita Dean cunha instalación pictórica de grandes dimensións; David Zink Yi cunha impresionante lura xigante de porcelana enchoupada en tinta; ou Roman Signer cunha reconstrución dunha casa para facer repensar as súas connotacións, sobre todo as adquiridas tras a pandemia.
 
Deste xeito, a rapazada vai descubrir nesta viaxe por obras de artistas internacionais de prestixio, que a arte galega se sitúa ao mesmo nivel cá destes grandes creadores xa que non faltan pezas da premiada Ángela de la Cruz, Diego Santomé, Rosendo Cid, Marcos Covelo ou Sara Coleman

Fotografías, pinturas, instalacións e vídeo-arte vanlles axudar a entender a estes rapaces e rapazas a arte dun xeito lúdico e de rachar con falsos clixés reconvertidos nas recorrentes preguntas-acusacións: Por que un cativo de cinco anos non puido ter feito esto? Que pinta unha lura coa súa tinta na sala dun museo? Estanme a tomar o pelo?

Unha oportunidade de facerlle perder o medo á arte contemporánea ás xeracións máis novas.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas