Visitas comentadas | Galicia futura

Aínda que podes visitar Galicia futura con entrada libre e de balde, se queres unha experiencia máis completa podes reservar praza para as nosas visitas comentadas. O equipo de guías da Cidade da Cultura de Galicia ofreceravos un excelpcional percorrido para orientarvos e non perder ningunha das claves do suxestivo diálogo entre arte e ciencia, entre tecnoloxía e creatividade que abre esta exposición.

Comisariada por Deborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal Vera, Galicia futura é o terceiro gran proxecto expositivo da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Xacobeo 21·22 e pecha o ciclo iniciado con Galicia, un relato no mundo e Galicia, de Nós a nós. A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda.

Galicia futura afonda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha escolma de pezas destacadas que representaron no seu momento un pulo decidido cara ao futuro en diversos eidos.

Amosar o que se está a facer desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión, e procurar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia son os obxectivos dunha mostra viva, que transcende as paredes do Museo Gaiás e impulsa procesos creativos propios, exhibindo pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música galega.

Información práctica

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reseva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.

Seguridade covid-19

  • Xel hidroalcólico á entrada e á saída da exposición
  • Obrigatorio o uso da máscara durante toda a visita
  • Mantemento a distancia de 1,5 metros entre as/os visitantes non conviventes
 
Visitar
 
21 Set 2021 - 21 Dec 2021
10.00 h| 12.30 h
Outono-Inverno 2021
11h | 11.30h
Outono 2021
De martes a domingo
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
12.30 h| 17.00 h
17 Dec - 6 Xan
De 10.00 a 20.00 horas