Visitas ao Bosque de Galicia

A Cidade da Cultura convídavos a descubrir o Bosque de Galicia a través duns percorridos guiados que permitan coñecer máis polo miúdo a nova área verde de Compostela. 

Partindo dun dos accesos situados na Avenida Diego Bernal, os visitantes percorrerán parte das 24 hectáreas do Bosque de Galicia a través da rede de sendas creadas para gozar da contorna e descubrirán a cara menos coñecida de Santiago de Compostela. Con zonas de descanso e un fermoso mirador no alto, o Bosque de Galicia ofrécese como unha nova área na que gozar da natureza e dos hábitos de vida saudables.

O percorrido guiado permitirá coñecer tamén unha das novas áreas infantís de lecer: o denominado Parque da Balea, un espazo de xogo e descanso que homenaxea a un dos grandes artistas plásticos galegos: Urbano Lugrís. A visita guiada inclúe tamén o achegamento ao Xadín Literario, espazo verde situado no corazón do complexo e dedicado aos escritores e poetas galegos.

AVISO: en función das condicións meteorolóxicas, a visita pode suspenderse. Neste caso, todos os inscritos serán notificados da anulación con antelación suficiente.