Descubre unha das máis sofisticadas infraestruturas culturais galegas nesta visita guiada.
Un percorrido comentado para achegarse á arquitectura contemporánea e abraiarse coas liñas e volumes proxectados polo neoiorquino Peter Eisenman. Desde admirar a espectacular fachada de cristal de case 43 metros de altura do Museo Centro Gaiás, a entender dunha ollada o xogo de trazos e volumes que compoñen o deseño da Cidade da Cultura e os usos e fitos do complexo arquitectónico. Un percorrido ameno e divulgativo no que descubrir tamén a monumental praza central, os espazos verdes do monte Gaiás e gozar de vistas panorámicas de Santiago de Compostela desde esta atalaia na que se unen natureza e arte.
Información práctica
- Visita de balde.
- Duración: 60' aproximadamente.
- Punto de encontro: Punto de información do Museo Centro Gaiás.
- Necesaria inscrición previa. Por favor, selecciona a quenda que prefiras para realizar a túa reserva. Se precisas facer unha reserva para un grupo numeroso, chámanos ao: +34 881 997 584.
- Podes consultar AQUÍ todos modelos de visitas comentadas que ofertamos, e que inclúen ás exposicións temporais do Museo Centro Gaiás.
Como chegar ao Gaiás
- Liñas de autobús nº 9 e C11
- Saída 70 da AP9. Descarga aquí o plano de acceso por autoestrada
- Descarga aquí o plano de acceso e subida ao Gaiás a pé
A ter en conta
- Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
- Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
- Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable
.

8 Set 2022 - 20 Xuñ 2023
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h