Ponnos Verde! coa túa escola

No mes de marzo celébrase o Día da Árbore e desde a Cidade da Cultura de Galicia queremos celebralo cos centros educativos galegos convidando o alumnado a sumarse á campaña: Ponnos verde! coa túa escola. Con esta actividade cada un dos rapaces e rapazas que participen plantan cadansúa árbore autóctona no Bosque de Galicia.

Todas as árbores son carballos autóctonos de Galicia doados polo Proxecto Landra, unha iniciativa sen ánimo de lucro que procura mellorar a convivencia co medio natural e preservar as variedades locais das especies arbóreas e hortícolas galegas empregándoas en reforestacións.

Animar a poboación infantil a sentir e experimentar a natureza para fomentar o respecto e coidado do medio ambiente é o principal obxectivo desta actividade na que pedimos á rapazada a súa colaboración simbólica na construción do Bosque de Galicia.

Pecorrido interpretativo

En cada xornada o alumnado, ademais de plantar unha árbore autóctona, fará un percorrido interpretativo polo Bosque de Galicia, no que coñecerá de primeira man o proxecto e aprenderá algunhas curiosidades sobre as diferentes especies autóctonas que o poboan. Con esta actividade, ademais de aprender o gran valor da natureza, os escolares devolveranlle á natureza un anaco do que ela lles dá.

Nesta segunda etapa de intervención dos espazos verdes do Gaiás, recentemente iniciada, a Fundación Cidade da Cultura conta co patrocinio de Viaqua, a colaboración do Proxecto Landra e o apoio da Fundación USC Deportiva.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas