PLAYGROUND OBRADOIROS | 2 NOV - 17.30H

PROGRAMA

  • Imparte Improvistos | Taller Contornas saudables para a infancia

Taller de codeseño do espazo adxacente e da contorna próxima a un centro educativo tipo. Neste obradoiro aprenderemos a planificar, deseñar e implementar medidas que axuden a transformar os centros educativos e as súas contornas en espazos lúdicos e saludables para a infancia.
 
  • Imparte Chiquitectos | Taller A aula como espazo de aprendizaxe

A configuración e características dos espazos educativos condicionan aos seus usuarios e inflúen na dinámicas da aula. Uns espazos adecuados ás metodoloxías utilizadas favorecen non só o confort e a comodidade de estudantes e docentes, senón tamén unha aprendizaxe fluída e natural. O obxectivo do taller é sensibilizar aos e as participantes sobre a importancia do espazo nos procesos de aprendizaxe e facilitarlles ferramentas para a súa mellora e transformación.

  • Imparte Mimaia | Taller Construír é construírse. Re-pensando coas mans o proceso aprender-ensinar a través do xogo

Comezaremos manipulando un conxunto de materiais achegados por M I M A I A. Para posteriormente, e tras a reflexión conxunta sobre a nosa experiencia de xogo-aprendizaxe, re-pensalos como recursos didácticos. Desenvolveremos grupalmente pautas curriculares para o aprendizaxe de contidos concretos a través do xogo, alternativas aos materiais propostos, e procedementos diversos para a súa fabricación.
 

Xogaremos a construír unha cidade nunha maqueta de gran formato. En grupos de 8-10 proxectaremos e faremos crecer unha cidade, protexendo algunhas das súas preexistencias, seguindo o plan. Cada cidade está formada por catro equipos de urbanistas que van completando a trama urbana coas distintas tipoloxías de edificación (illada, compacta e en altura), partindo do centro histórico.