Pequefilmes 2024 | Homenaxe IndieJúnior

Por segundo ano consecutivo, Pequefilmes volve colaborar co IndieJúnior – Festival Internacional de Cinema Infantil e Juvenil do Porto, escaparate no país veciño do mellor cine infantil e xuvenil. Nesta edición de Pequefilmes traemos unha escolma de películas que foron seleccionadas nas últimas edicións do festival irmán portugués.

Haberá dúas sesións, unha na sala das Miñocas e outra para os Fanecas, na mañá do sábado 27 de xaneiro. Para asistir ás mesmas é necesario retirar convite, de balde, en Ataquilla ou na recepción do Museo Centro Gaiás (de maneira anticipada) ou o mesmo día das proxeccións no despacho de billetes que haberá no Edificio CINC.

INDIEJÚNIOR | SALA MIÑOCAS

SÁB 27 ás 12.15h

  • SOUVENIR. Cristina Vilches, Paloma Canónica (España, Suiza, 2020. 13 min)
  • MIGRANTS. Hugo Caby, Zoé Devise, Antoine Dupriez, Aubin Kubiak, Lucas Lermytte (Francia, 2021. 8 min)
  • PARAGUAS. Josep Prats, Álvaro Robles (España, Francia, 2020. 10 min)
  • MI ABUELA MATILDE. Miguel Anaya (Mexico, 2021. 11 min)
  • AFFENDOMINO. Ulf Grenzer (Alemaña, 2021. 4 min)
Mercar entrada
 

INDIEJÚNIOR | SALA FANECAS

SÁB 27 ás 12.30h

  • THE ANT MARCH. Fedor Yudin (Rusia, 2022. 5 min)
  • MEU NOME É MAALUM. Luísa Copetti (Brasil, 2021. 8 min)
  • BELLYSAUROS. Philip Watts (Australia, 2021. 8 min)
  • LA POULE NOIRE. Marion Clauzel (Francia, 2022. 13 min)
  • SANDPIE. Kateřina Karhánková (Rep. Checa, 2022. 10 min)

Mercar entrada

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas