Toda a Cidade da Cultura está atravesada por un túnel que funciona como a súa espiña dorsal e conecta os edificios por debaixo da terra. Obras de arte, libros, maquinaria e provedores de servizos de todo tipo empregan esta instalación os 365 días ao ano e precisamente por isto é un espazo que poucas veces pode descubrir o público xeral.
Esta visita é unha das poucas ocasións para deixarse sorprender por esta galería de servizos ou por outros espazos habitualmente ocultos, como a sala de climatización que se agocha baixo as Torres Hejduk onde se xera o calor para todos os edificios. Descubre estes lugares inaccesibles para o gran público nun percorrido polo Gaiás oculto: de norte a sur atravesando o subsolo da montaña.

Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo
7 — 8 Mar 2026
12.00 h







