Outra mirada | Visita aos espazos naturais do monte Gaiás

A construción da Cidade da Cultura no Gaiás transformou a forma da propia montaña e xerou novos espazos e hábitats que non existían con anterioridade. Ao mesmo tempo, os espazos naturais que se xeraron a partir das obras foron xa reclamados pola natureza e en zonas como o Parque do Lago habitan e crían especies de anfibios e tamén aves como a galiñola ou o somorgullo, que antes non se atopaban nestas zonas.

A natureza como marco dos propios edificios, a súa fauna e flora e o deseño dos parques e xardíns da Cidade da Cultura son tamén fitos arquitectónicos deste espazo singular que descubriremos nesta visita especial para achegarnos á contorna verde do Gaiás.