As Nocturnas - Da árbore á cadeira

Sesión DJ, pestiscos e viño para a descuberta, doutro xeito diferente e vinculada ao lecer, da exposición Da árbore á cadeira,  unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixe a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble. 

Unha noite distendida de lecer, música e moita arte, incluída a dos participantes que teñen a oportunidade de probar a facer súa propia creación en láser-grafiti. 

O percorrido desta visita orixinal e única coa chegada da noite comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. Nunha segunda etapa deste percorrido, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Programa da Nocturna

  • 21h: Visita á exposición Da árbore á cadeira, da man dun dos membros do equipo de visitas do Museo Centro Gaiás con música de benvida aos participantes.
  • 22h: No Balcón do Hall de Tirantes: Pinchada con Javier Amosa DJ con viño e petiscos, cortesía de Galicia Calidade, e posibilidade de participar no obradoiro práctico e experimental de láser-grafiti: 'Pintando con viño'.
 
Exposicións
 
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h