As Nocturnas 2018

Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Centro Gaiás! Coas Nocturnas poderás gozar dunhas visitas comentadas ás exposicións moi especiais pois en grupos reducidos e fóra do horario habitual do recinto -21h- poderás mergullarte na arte na compaña de boa música e petiscos. 

As catro sesións programadas incluirán visitas comentadas ás exposicións Baldomero Pestana, a verdade entre as mans (24 e 31 de agosto) e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación (7 e 14 de setembro). Nelas achegarémonos, dun xeito ameno e distendido a estas dúas mostras ben diferentes, pero igualmente imprescincibles. No caso das sesións do 24 e 31 de agosto, a actividade estará amenizada cunha pinchada de Mr.Fishman aka Dr.Think, mentres que nas de setembro a sesión DJ correrá a cargo de Álex Nite.

A primeira das xornadas contará cunha degustación de queixos, mentres que nas tres restantes poderás gozar dunha cata con explicacións máis polo miúdo. As catro, grazas á colaboración da D.O.P. Arzúa Ulloa. Deste xeito,  nas Nocturnas  poderás deleitar o padal, á vez que descubrir e aprender a diferenciar as diferentes características dun alimento de tanta tradición en Galicia como é o queixo.

En definitiva, unhas noitiñas de verán distendidas cun plan diferente no que combinar arte e conversas pausadas con boa música e deliciosos petiscos.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h