Coincidindo co comezo do verán renace tamén un novo ciclo de música na Cidade da Cultura, dedicado nesta ocasión á clásica. A través das Matinais clásicas do Gaiás emprenderemos unha viaxe musical nas mañás dos sábados, que nos levará desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Beethoven, Crusell, Schubert ou García Abril.
Todos os concertos, dirixidos a público xeral, son con entrada de balde previa retirada de convite. Preme sobre cada unha das imaxes para ter máis información, descargar o programa e reservar o teu convite.
Descarga aquí o programa do concerto da Real Filharmonía de Galicia.
Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19
- Máximo de 100 persoas asistentes en cada unha das actuacións en cadeiras con separación de 1,5 metros -salvo entre as persoas convivintes nos convites dobres-.
- Obriga de vir con máscara de protección por parte do público.
- Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
- Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
- O público accederá directamente ao andar -1 do Museo Centro Gaiás.
- Haberá un circuito diferenciado de acceso e de saída. A entrada e saída da sala farase de xeito paulatino e ordenado.
- Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal da sala.
- Débese ocupar a butaca asignada polo persoal da sala.
- Non haberá programa de man impreso e toda a información estará dispoñible en cidadedacultura.gal.
Observacións
O acceso a visita ao Museo Centro Gaiás estará pechado de 12 a 13 horas.