Matinais clásicas | Real Filharmonía de Galicia

Como peche de excepción ao ciclo Matinais clásicas, que cada sábado neste comezo do verán trae os compases da música clásica ao Museo Centro Gaiás, volverá soar na Cidade da Cultura a Real Filharmonía de Galicia, unha das principais formacións orquestrais do país que con esta actuación volve ao escenarios despois do obrigado parón provocado polas medidas de contención da covid-19.

PROGRAMA

  • W. A. Mozart: Abertura de As vodas de Fígaro, KV. 492
  • L. v. Beethoven: Sinfonía nº 8 en Fa M, op. 93
    • I. Allegro vivace [e] con brio 
    • II. Allegretto scherzando 
    • III. Tempo di menuetto 
    • IV. Allegro vivace
  • J. Trillo: Moinhada
  • E. Granados (orq. E. Martínez Izquierdo): Intermezzo de Goyescas

 Descarga aquí o programa do concerto da Real Filharmonía de Galicia.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

A orquestra inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes.

Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.

A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola. 

 
Música & Escena
 
XOVES [9 xullo ao 3 setembro]
21 horas
SETEMBRO 2020