Matinais clásicas | Sábados musicais no Museo Centro Gaiás

Coincidindo co comezo do verán renace tamén un novo ciclo de música na Cidade da Cultura, dedicado nesta ocasión á clásica. A través das Matinais clásicas do Gaiás emprenderemos unha viaxe musical nas mañás dos sábados, que nos levará desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Beethoven, Crusell, Schubert ou García Abril.

27 XUÑO | Nuria Lorenzo & Alejo Amoedo

4 XULLO | M. Sancho Quartet

11 XULLO | Real Filharmonía de Galicia

Unha das principais mezzosopranos galegas, a viguesa Nuria Lorenzo, nun recital de canción galega acompañada ao piano polo recoñecido Alejo Amoedo. Un percorrido pola música de cámara para clarinete e trío de cordas, dos séculos XVIII e XIX, da man da formación fundada pola clarinetista Marta Sancho Andrés. Pecharemos o ciclo volvendo escoitar no Gaiás a unha das principais formacións orquestrais do país: a Real Filharmonía de Galicia.

 

Todos os concertos, dirixidos a público xeral, son con entrada de balde previa retirada de convite. Preme sobre cada unha das imaxes para ter máis información, descargar o programa e reservar o teu convite.

Descarga aquí o programa do concerto da Real Filharmonía de Galicia.

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Máximo de 100 persoas asistentes en cada unha das actuacións en cadeiras con separación de 1,5 metros -salvo entre as persoas convivintes nos convites dobres-.
  • Obriga de vir con máscara de protección por parte do público. 
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • O público accederá directamente ao andar -1 do Museo Centro Gaiás.
  • Haberá un circuito diferenciado de acceso e de saída. A entrada e saída da sala farase de xeito paulatino e ordenado.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal da sala.
  • Débese ocupar a butaca asignada polo persoal da sala.
  • Non haberá programa de man impreso e toda a información estará dispoñible en cidadedacultura.gal.

Observacións

O acceso a visita ao Museo Centro Gaiás estará pechado de 12 a 13 horas.