María Casares: a conquista da existencia

A Biblioteca de Galicia inaugurou a exposición María Casares: a conquista da existencia, coincidindo co día no que se cumpren cen anos do nacemento da recoñecida actriz á que a Xunta leva rendendo homenaxe ao longo deste 2022 por mor desta efeméride.

Na recta final desta celebración, a Biblioteca de Galicia súmase a este recoñecemento cunha mostra bibliográfica para achegar ao público o percorrido vital desta destacada figura da cultura galega. A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro mes de xaneiro, está composta por fondos propios da institución, cun total de 29 libros e 8 revistas ás que acompañan material audiovisual como DVD’s ou discos.

A proposta compleméntase con dous recursos dixitais accesibles na web da Biblioteca de Galicia, www.bibliotecadegalicia.xunta.gal, e postos en marcha polas comisarias, Patricia Babío e Carina Fernández. Trátase, por unha banda, dunha bibliografía exhaustiva para completar a selección realizada para a exposición física, onde se recolle case todo o escrito sobre María Casares ou aquilo no que ela participou. Por outro lado, pódese consultar unha liña temporal da vida da actriz, a través da que é posible navegar cronoloxicamente polos principais acontecementos da súa existencia, ilustrados con fotografías, vídeos, ou audios nos que ela é a protagonista ou nos que falan dela.

 
Exposicións
 
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
De martes a domingo
16 a 20 h | Sáb-Dom e festivos tamén de 11 a 14.30 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
18 Nov 2022 a 28 Xan 2023
De 11.00 a 20.00 horas