Máis alá da prescrición. Mediación, lectura e bibliotecas I 1ª Xornada Internacional de bibliotecas públicas Galicia – Norte de Portugal

Que papel teñen as bibliotecas públicas na promoción da lectura? A primeira Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia e do Norte de Portugal, organizada no marco do Proxecto Nortear, quere poñer en valor o traballo esencial das bibliotecas neste ámbito. Esta iniciativa transfronteiriza propón reflexionar sobre a mediación lectora, un eido no que os profesionais desempeñan un papel insubstituíble.

O traballo dos bibliotecarios vai moito máis alá de prestar libros. Son prescriptores de lectura: orientan, recomendan e acompañan ás persoas lectoras con rigor, sensibilidade e coñecemento. Son tamén mediadores culturais, capaces de derrubar barreiras, fomentar o diálogo e crear comunidade arredor da palabra. A súa intervención é clave para incrementar o hábito lector e mellorar a calidade da lectura, mediante a recomendación, a crítica e a participación activa das persoas lectoras.

Nesta xornada abordaranse cuestións como as novas canles de mediación lectora, as diferentes formas de acceder aos libros na era dixital, as estratexias para atraer novos públicos e as mellores prácticas para fortalecer a lectura crítica, o pracer lector e a función social das bibliotecas. Será un espazo para compartir experiencias, descubrir proxectos innovadores e reflexionar sobre o futuro da mediación lectora no ámbito público.

Na sesión de tarde haberá tres obradoiros simultáneos. Para participar nun deles é necesario inscribirse, á marxe da inscrición xeral na xornada.

Durante a xornada tamén se celebrará a entrega dos Premios Bibliotecas que inspiran 2025, recoñecendo iniciativas que destacan polo seu impacto e creatividade na promoción da lectura. Ademais, toda a sesión poderá seguirse por streaming a través da canle de YouTube da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal da AECT.

Consulta o programa completo aquí.