No marco da primeira Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia e do Norte de Portugal prográmase o obradoiro Lectura +inclusiva, impartido por Eva Mejuto Rial.
Este obradoiro está orientado a afondar na lectura como un espazo de encontro e acubillo para calquera lectorado, tendo en conta públicos con necesidades específicas, intereses diversos e dinámicas propias. Comezará compartindo lecturas e experiencias de distintos clubs de lectura centrados na saúde mental, a diversidade funcional e o público lector migrante, promovendo unha mediación lectora inclusiva e accesible.
