Obradoiro | Non fagas scroll, sumérxete na lectura: Reels para bibliotecas | 1ª Xornada Internacional de bibliotecas públicas Galicia – Norte de Portugal

No marco da primeira Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia e do Norte de Portugal prográmase o obradoiro “Non fagas scroll, sumérxete na lectura: Reels para bibliotecas”, impartido por Carlos Castro.

Este obradoiro está orientado a ensinar a crear contido atractivo e efectivo nas redes sociais. Comezará cunha experiencia práctica na que se explorarán ferramentas e técnicas para promocionar actividades, recursos e servizos dunha biblioteca de forma creativa e profesional, adquirindo os coñecementos necesarios para xestionar a presenza en redes de maneira autónoma e efectiva.

 
Letras & Pensamento