La Ciencia según Forges

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da súa Delegación Institucional en Galicia, mostra na Cidade da Cultura ata o 13 de xullo a exposición itinerante “La Ciencia según Forges”. O horario de visita, gratuíta, é de martes a domingo de 10.00 a 20.00 horas.

A mostra consta de 66 viñetas publicadas en El País por Antonio Fraguas “ Forges” (1942-2018), un dos cronistas gráficos máis importantes de España nos últimos 50 anos, quen mantivo unha firme aposta por achegar a ciencia á sociedade. Así, entre o contido das viñetas cabe citar o cambio climático, o descubrimento do bosín de  Higgs, a perda da biodiversidade ou a reivindicación de máis atención e recursos para as institucións científicas e a comunidade investigadora.

Está producida polo CSIC con motivo do 80 aniversario da institución a través da Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica. Colabora a Fundación Xeral CSIC e conta o apoio da Fundación Dr. Antoni Esteve e o Instituto Quevedo das Artes do Humor, ademais da colaboración da Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura.

O obxectivo da exposición, que vai acompañada dun catálogo, é abrir unha xanela á divulgación científica, á curiosidade e a un mellor coñecemento público do que a I+D+i pode ofrecer á sociedade.

A mostra, itinerante, exhibiuse, entre outros lugares, en Madrid, Barcelona, Sevilla e Pamplona.

 
Exposicións
 
De martes a domingo
21 Xuñ - 26 Nov 2023
Bosque de Galicia
21 Xuñ - 26 Nov 2023
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 Xul - 5 Nov 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h