Neste 2016 cúmprense 100 anos da fundación da primeira Irmandade da Fala na Coruña. Para conmemorar tal acontecemento, a Biblioteca de Galicia organiza unha mostra bibliográfica que fai un percorrido pola historia desta institución, que tiña como fundamental obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua galega.
Todas as pezas da exposición forman parte da colección da Biblioteca de Galicia, destacando os manuscritos, debuxos e fotografías que pertenceran a Camilo Díaz Baliño, membro destacado das Irmandades, e que se conservan no fondo depositado na nosa biblioteca polo seu fillo Isaac Díaz Pardo.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 xan -













