Gaiás panorámico: un percorrido arquitéctónico

Nesta visita percorreremos os exteriores da Cidade da Cultura para coñecer e abraiarnos coas liñas e volumes proxectados polo neoiorquino Peter Eisenman. Comezando na entrada do Museo Centro Gaiás, un dos edificios máis singulares do complexo, admiraremos a súa espectacular fachada acristalada de case 43 metros de altura. Camiñaremos a ampla Praza Central descubrindo dunha ollada o xogo de trazos e formas que compoñen o deseño da Cidade, os usos e historia dos diferentes edificios, e a monumentalidade do complexo arquitectónico. 

Neste percorrido non faltarán as icónicas Torres Hejduk, deseñadas orixinariamente polo arquitecto John Hejduk como torres botánicas para o parque compostelán de Belvís, e integradas por Eisenman no seu proxecto para o Gaiás trala morte do seu amigo e compañeiro do New York Five.

A visita non deixará de lado tampouco os espazos verdes e permitiranos coñecer brevemente os dous xardíns construídos no corazón arquitectónico do Gaiás: o Xardín Literario e o Xardín do Teatro. Tamén o Parque da Balea, un espazo de xogo e lecer que homenaxea a un dos grandes artistas plásticos galegos: o coruñés Urbano Lugrís, e os seus icónicos monstros mariños.

 

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas