Francisco Fernández del Riego. A cultura galega como motivo de vida | Exposición Letras Galegas 2023

A exposción coa que a Biblioteca de Galicia rende a súa particular homenaxe a Francisco Fernández del Riego por mor do Día das Letras Galegas, está organizada en 6 vitrinas, nas que se expoñen un total de 80 pezas dos fondos propios. Todas elas son das coleccións que custodia a Biblioteca de Galicia. Aínda que se mostrarán algúns materiais especiais, como fotografías, marcapáxias ou CD´s, basicamernte mostraránse libros, xornais e revistas nos que dalgún xeito Francisco Fernández del Riego é o protagonista.

 A primeira das vitrinas está dedicada a dar información sobre a súa biografía. A segunda afonda na súa faceta de ensaísta e a terceira amplia a súa vinculación co eido literario expoñéndose as súas obras como autor de ficción, como tradutor e como editor e compilador literario. 

A cuarta vitrina está dedicada á súa estreita relación coa prensa, coa que colaborou durante toda a súa vida. Están expostos desde algún dos seus artigos nos anos de posguerra ata o último que publicou en La Voz de Galicia pouco antes de morrer. 

 As últimas dúas vitrinas están dedicadas a dúas das súas inciativas máis persoais e nas que máis estivo involucrado, a editorial Galaxia e o posta en marcha do Día das Letras Galegas. Neste 2023 péchase o círculo no que o home que impulsou a celebración é xusto o homenaxeado. 

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h