Filgueira Valverde, vida e obra

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle unha exposición sobre a vida e a obra de D. Xosé Filgueira e o seu labor como editor a través da editorial Bibliófilos Gallegos.

Filgueira Valverde, a quen neste 2015 se lle dedica o Día das Letras,  é autor dunha moi extensa obra, tanto científica como literaria, que reborda os 300 títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas, e máis de 1.600 conferencias en galego e castelán.

Entre as súas obras historiográficas e de Historia da Arte, destaca a extensa serie -40 volúmenes- Pontevedreses universales, o estudo que apareceu baixo o título La Basílica de Santa María la mayor de Pontevedra (1991);  ou os traballos dedicados á historia e cultura de Santiago, como As Historias de Compostela (1970). No campo da arqueoloxía, é autor en colaboración de A. García Alén, de Materiales para la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra

A pesar de ser un polígrafo e unha persoa de elevado talle cultural, nunca quixo unha cultura académica, senón que entendía que esta debía ser coidada e estudada para dala a coñecer, o que o converteu nun auténtico divulgador científico. Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, recollidas todas elas na monumental serie Adral, editada entre 1979 e 1996 en Faro de Vigo e recopilada finalmente en 9 volúmenes que conteñen os 588 artigos.

 

 
Exposicións
 
7 Mar - 25 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
De martes a domingo
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h