Con motivo da exposición Da árbore á cadeira que se está celebrando no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, do 7 de xuño ao 5 de novembro de 2017, lanzouse este concurso como colofón da mostra.
Este concurso dirixiuse aos centros de FP de madeira e a escolas de Arte e Superior de Deseño.
O obxectivo era seleccionar tres cadeiras gañadoras entre todos os deseños presentados, outorgando unha dotación económica para a súa execución e a posterior exhibición nas salas do Museo Centro Gaiás con motivo da exposición.
Esta concurso tivo de prazo para presentar os deseños ata o 20 de setembro, celebrándose ao día seguinte a reunión do xurado para a selección das pezas gañadoras, e finalmente concedendo un periodo para a súas realización nos talleres dos centros.
PREMIO: 3 premios de dotación económica para a producción de 3 cadeiras. Fabricación do prototipo nos centros e exhibición no Museo Centro Gaiás.
1º premio: 1.000 euros (impostos incluídos) -- Cadeira pregada. Nicolás Nieto Cores. EASD Mestre Mateo.
2º premio: 800 euros (impostos incluídos) -- Cadeira de terraza que pode amontoarse. Francisco Javier Besteiro Gayoso, Juan Manuel Candal Pajón, Jesús Gayoso Valín, Iván Pérez Vázquez, Diego Regueiro García. Ciclo Medio de Carpintaría e Moble do C.I.F.P. Politécnico de Lugo.
3º premio: 600 euros (impostos incluídos) -- DESERTO

95.82 KB | ||
docx | 134.07 KB |