Economía & Cultura

Un encontro entre creadores e emprendedores do sector cultural e profesionais do mundo da empresa. Isto é Economía & Cultura, cinco xornadas dedicadas a fortalecer o tecido cultural e creativo galego e a analizar o seu papel na nova economía.

Tras o éxito do Encontro Internacional de Economía e Cultura celebrado en 2012, estas xornadas abordarán aspectos máis concretos como os novos esquemas de traballo, os avances tecnolóxicos ou os novos mercados nuns espazos máis íntimos, máis específicos, máis prácticos e máis intensos, orientados ao tecido cultutal e creativo e que comprenden tres obradoiros (autoemprego na cultura, tecnoloxía e internacionalización) e dúas charlas con destacados profesionais do sector.

Trátase, por tanto, de analizar os elementos fundamentais para traballar en, con, para, desde a cultura na nova economía, e como a cultura e a creatividade contribúen e poden seguir contribuindo á construción de novos modelos socio-económicos. A cultura e a creatividade como xeradoras de valor.

 
Visitar
 
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026