Unha intensiva mañá con Roberto Gómez de la Iglesia para achegarse ás últimas tendencias na xestión cultural, fórmulas de colaboración en boga entre empresas e culturas e dúbidas inquedanzas sobre o futuro da acción cultural.
Ese é o programa para a segunda xornada Economía & Cultura cun dos expertos máis significados en Iberoamérica no potencial de colaboración entre o mundo da cultura e da empresa, así como un pioneiro á hora de repensar o papel e o sentido da xestión cultural. Na actualidade é director da empresa c2+i (culture + communication + innovation) onde coordina Conexiones Improbables, unha proposta inédita en España de vínculo entre organizacións que queren innovar con artistas e pensadores.
Programa
10 h | Presentación
10.15 h | Reflexión sobre o momento/contexto da xestión cultural e creativa e novas lóxicas innovadoras
11.00 h | Dinámica de identificación de conceptos chave dos proxectos dos participantes + Xogo de encaixar o improbable + Ruta de innovación e reflexión conxunta
12.00 h | Café
12.30 h | Conexiones Improbables, marco conceptual e análise de casos
13.15 h | Formulamento e debate
14.00 h | Fin da sesión